top of page

Este ano 2025, o Día das Letras Galegas adicarase ás cantareiras e á poesía popular oral. Ás avoas e bisavoas que coa súa pandeireta custodiaron a nosa lingua durante décadas. Fillas da sociedade labrega, das que transmitiron cantigas de xeración en xeración, e que no próximo mes de maio verán como se fai xustiza co seu legado. Moitas destas mulleres hoxe forman parte da terceira idade, e desgraciadamente, parte delas padecen enfermidades cognitivas, como o alzhéimer, ou sofren un grao de dependencia que as obriga a frecuentar un centro de día ou vivir nunha residencia.
Esta é a súa historia
bottom of page
