top of page

SUMA A TÚA HISTORIA
O Cancioneiro Popular da Memoria naceu como un proxecto de fin de grao… pero non queremos que remate aí. Cremos firmemente que esta homenaxe ás nosas cantareiras debe seguir medrando, e por iso imos deixar a porta aberta para seguir recollendo historias, voces e vivencias máis alá do previsto.
Se tes un familiar, coñecida ou veciña que formase parte da tradición oral galega e cres que a súa historia merece ser contada, ou se queres achegar algo ao proxecto, déixanos aquí os teus datos e poñerémonos en contacto contigo.
E se es doutra terra —dentro ou fóra de Galicia— e cres que este tipo de homenaxe debería existir tamén no teu país, na túa rexión ou na túa lingua, es máis que benvida/o a inspirarte no noso traballo para facer o teu.
Toda contribución suma. Toda voz conta.
Fai que esta homenaxe sexa tamén a túa.
FALEMOS
Teléfono
+34 678989108 (David)
+34 630180541 (Pablo)
Enderezo electrónico
Redes sociais
bottom of page


