top of page

QUEN SOMOS?

Coñece máis da orixe do proxecto

As protagonistas deste proxecto son, obviamente, as cantareiras que lembran, as que as fan lembrar e as que as lembrarán. Pero hoxe queremos presentarvos a quen está detrás da cámara que as gravan.

QUEN ESTÁ DETRÁS DISTO?

David Alján

- De Arcade (capital non oficial de Vigo)

- Fillo de Ana e Vicente e neto de Dora e Daniel “o Castellano”

- Estuda Xornalismo na USC, e anda coa cámara a voltas alí onde lle abren as portas

  • Tik Tok
  • LinkedIn
  • Instagram
_P4A0022 (1).jpg

Pablo Barciela

- De Vigo (de Teis, non de Arcade, capital)

- Dende moi pequeno apaixonado pola cultura

- Estudando Xornalismo na USC

e de paso, buscando historias que merecen ser contadas

  • Wix
  • LinkedIn

COMO NACE O PROXECTO?

Na súa adolescencia, David viu como súa avoa loitou durante anos contra o alzheimer. Durante este tempo estivo nun centro de día, onde a axudaban a conservar a memoria o máximo posible e que tivera unha vida plena.

Alí, chamoulle a atención unha cousa: foi xusto neste momento cando Dora comezou a recitar poemas antiquísimos que David non escoitara antes.

Este verán, viu como outra muller da familia estaba a pasar polo mesmo, e que pese a ter dificultades para ter unha conversa, saltaba a cantar versos inéditos para os seus fillos a cada rato. Meses máis tarde, pensando que facer co TFG, fiou esta situación coa homenaxe ás cantareiras da RAG, e propúxolle a Pablo a idea. Aceptou ao instante.

QUE SIGNIFICA PARA NÓS?

Para David, esta é a forma de sanar a débeda por non ter pasado máis tempo coa súa avoa, e rendirlle a homenaxe que lle debía ter feito en vida.

Por outra banda, é tamén a súa forma de

reconectar co tradi, do que leva afastado 

dende a infancia e do que quere volver a

formar parte.

Para Pablo, este proxecto é unha forma de reconciliarse cos seus pensamentos. Cunha avoa con demencia e que actualmente asiste a un centro de día, esta reportaxe serve como vía para explorar o que significa envellecer e peder pouco a pouco as facultades. 

Ademáis, tamén busca poñer en valor

aos nosos maiores, moitos

dos cales poden

chegar a sentirse sós na vellez.

Diseño sin título (8).jpg
Diseño sin título (6).jpg
usc logo.png
Diseño sin título (6).jpg

“Cancioneiro Popular da Memoria" é o TFG en Xornalismo de David Alján e Pablo Barciela, co que pretenden contar a historia daquelas cantareiras homenaxeadas este ano polo Día das Letras Galegas a día de hoxe usuarias de centros de día, xunto ás que lle axudan a lembrar e as voces que as lembrarán

bottom of page