
AS QUE AS FAN LEMBRAR


AITOR GONZÁLEZ ARJONES
Para el, a música tradicional é:
“unha ferramenta moi valiosa porque persiste moito na mente dos maiores”
Educador social
Recollida no Centro de Día Net-Avó (Bouzas)
A SÚA HISTORIA
Para Aitor a súa profesión é parte da súa vocación. O coidado dos maiores vai enlazado co sentimento de xustiza social. É unha forma de devolver á xeración anterior, que tanto deu, un anaco do que se merecen. A súa conexión coa música tradicional vén da súa infancia. Dende a súa familia tratóuselle de inculcar a música tradicional galega, tanto escoitando na casa como a través dunha asociación cultural. Porén, no seu momento non lle motivou demasiado. Non foi ata anos despois, co contacto cos usuarios do centro de día, que retomou esta parte da cultura.
A SÚA CANTIGA
Xa fun a Marín
as pernas che vin
e o paxaro negro botábase a min
