top of page

AS QUE LEMBRAN

_P4A2896 (1).jpg
WhatsApp Image 2025-05-05 at 12.19_edited.jpg

AMELIA REBOREDA GONZÁLEZ

Para ela, a música tradicional é:

“Eu cantaba como unha tola. Miña nai dicíame: tanto cantar, tanto cantar”

Procedente de Chapela (Redondela)

Recollida no Centro de Día Arela (Redondela)

A SÚA HISTORIA

Dende moi pequena, Amelia tivo unha gran paixón por cantar. Cando era nena aprendía cancións dos veciños e dos máis maiores. Amelia traballou na fábrica de louza e cerámicas de Bellavista. Alí non lles deixaban cantar mentres traballaban, pero Amelia non perdeu o contacto coa música. Cantaba moito na casa e tamén no campo. Ademáis a Amelia encantaballe ir as festas, das que era moi afeccionada. De solteira ía moito, lembra con especial cariño as festas de Candeán, lugar onde coñeceu ao home que acabaría sendo o seu marido.

A SÚA CANTIGA

Alá la tu tu (x2)

a primeira noite vireiche de cú

vireiche de cú (x2)

alá la tu tu (x2)

DE CANDO NAMOROU DO SEU HOME

DE CANDO SÚA NAI LLE RIFABA POR CANTAR

DE CANDO CANTABA NA CASA

Diseño sin título (6).jpg
usc logo.png
Diseño sin título (6).jpg

“Cancioneiro Popular da Memoria" é o TFG en Xornalismo de David Alján e Pablo Barciela, co que pretenden contar a historia daquelas cantareiras homenaxeadas este ano polo Día das Letras Galegas a día de hoxe usuarias de centros de día, xunto ás que lle axudan a lembrar e as voces que as lembrarán

bottom of page