
AS QUE LEMBRAN


CARLOS COVELO SOLLA
Para el, a música tradicional é:
Gustábame moito bailar. Pasodoble, tango, bolero xota solta...
Procedente de Cedeira (Redondela)
Recollida no Centro de Día Net-Avó (Bouzas)
A SÚA HISTORIA
Choqueiro de nacemento, Carlos comezou a traballar como cerralleiro camiñando máis de 7 quilómetros ao día para poder coller o mítica tranvía de Chapela aos Caños. O seu esforzo e habilidade levouno a ser campión de España de cerrallaría artística, aínda que o que máis lle marcou foron os 30 anos de caldeireiro na fábrica de Freire. E a pesar de todo este sacrificio tanto no profesional como no persoal (é vigués distinguido dende 2007 pola súa labor social en Bouzas), sacaba tempo para as romerías, onde practicaba o baile que tanto lle gustaba e compartiu con súa nai. Conta que, incluso unha vez casado, a súa esposa, á que non lle gustaba tanto, sentaba na barra do Copacabana para verlle sacar os pasos con outras mulleres.
A SÚA CANTIGA
Por debaixo da ponte
Mirei-te pasar
As pernas, María
viñas de lavar
