top of page

AS QUE LEMBRAN

3-_P4A2429.jpg
image (59)_edited.jpg

CARMEN BARCA MOSQUERA

Para ela, a música tradicional é:

O que lle fixo feliz nesta vida

Procedente de San Fins de Anllóns (Ponteceso)

Recollida no Centro de Día público de Cabana de Bergantiños

A SÚA HISTORIA

Carmen vén dunha familia moi numerosa. Nunha casa de 9, tivo que traballar sendo moi xoven, ata que coñeceu ao seu home. Cando era moza, Carmen xunto a dúas amigas e as súas irmáns saían moito a troulear. Vestían roupa limpa e ían o cruceiro de Anllóns a cantar. Os maiores saían das casas para escoitalas. Algunha do grupo incluso coñeceu ao mozo desta forma. Xa de maior, mentres baixaba as escaleiras, caeu e quedou cega. Pese a iso, Carmen non perde a ilusión: “fun a muller máis feliz do mundo, se todos foran tan feliz como fun eu, o mundo non estaba tan descontrolado”.

A SÚA CANTIGA

Nosa señora do faro

‘tá no alto e fai que dorme

Pero ela ben ve pasar-e

os mariñeiros pra Corme

(...)

DE CANDO ÍAN TOCAR

A SÚA LECCIÓN DE VIDA

DA SÚA FAMILIA

Diseño sin título (6).jpg
usc logo.png
Diseño sin título (6).jpg

“Cancioneiro Popular da Memoria" é o TFG en Xornalismo de David Alján e Pablo Barciela, co que pretenden contar a historia daquelas cantareiras homenaxeadas este ano polo Día das Letras Galegas a día de hoxe usuarias de centros de día, xunto ás que lle axudan a lembrar e as voces que as lembrarán

bottom of page