
AS QUE LEMBRAN


MARÍA ESTHER DURÁN ALVAREZ
Para ela, a música tradicional é:
Antes ibamos as festas e logo viñamos todos cantando
Procedente de Canido (Oia)
Recollida no Centro de Día Net-Avó (Bouzas)
A SÚA HISTORIA
Esther traballou como modista toda a súa vida. Sempre lle aficionou facer prendas de roupa para as súas irmás, e, por consello da súa nai, decidiu convertir a súa pasión na súa profesión. Ela naceu nunha familia moi vinculada ao mar. O seu pai mariñeiro, e a súa nai traballadora nunha fábrica de conservas. Foron eles dous quen lle transmitiron a pasión pola música. Cando ían as festas, ao volver, viñan todos cantando. Foi nestes momentos que ela foi aprendendo toda a música popular que podía. Recorda especialmente con cariño as festas do Carmen, de Liñares e de San Lorenzo. Na súa labor como modista non cantaba demasiado, pero si que o facía mentres realizaba as tarefas do fogar.
A SÚA CANTIGA
Vamos indo vamos indo
eu tamén me vou andando
fixen a cama na folla (x2)
o vento vaina levando
