top of page

AS QUE LEMBRAN

_P4A2618 (1).jpg
WhatsApp Image 2025-04-26 at 17.35_edited.jpg

FLORENTINA BLANCO PELETEIRO

Para ela, a música tradicional é:

“Cando viñamos de festa, andabamos todas as mozas novas a cantare.”

Procedente do Val (Soutomaior)

Recollida no Centro de Día Soutomaiores (Soutomaior)

A SÚA HISTORIA

A Florentina coñécena seus familiares, amigos e coñecidos como Teresa. Cando naceu, a súa madriña púxolle este nome na igrexa e xa lle quedou. Traballou toda a vida nas veigas. Alí cantaban cos vellos, dos que aprendeu moitas das cancións que todavía lembra. A Teresa encantáballe ir ás festas cando era nova. Algunhas que lembra con cariño son as de Pontecaldelas e Silvoso. Ían a todos lados que se podía ir. Nelas tocaban bandas de música como a de Arcade ou a de Redondela. Tamén, co seu marido, ían de excursión a Portugal, ou Burgos, momentos nos que todos e todas no autobús cantaban.

A SÚA CANTIGA

Ai a aldea de Soutomaior-e

aldea de moitos homes

os poucos que quedan

chámanlles remendafoles

DE POR QUE CHÁMANNA TERESA

DE CANDO ÍAN ÁS FESTAS

DE CANDO CANTABAN AO VOLTAR

Diseño sin título (6).jpg
usc logo.png
Diseño sin título (6).jpg

“Cancioneiro Popular da Memoria" é o TFG en Xornalismo de David Alján e Pablo Barciela, co que pretenden contar a historia daquelas cantareiras homenaxeadas este ano polo Día das Letras Galegas a día de hoxe usuarias de centros de día, xunto ás que lle axudan a lembrar e as voces que as lembrarán

bottom of page