top of page

INFORMACIÓN LEGAL

Este TFG busca recoñecer e homenaxear ás cantareiras galegas a través da recollida de pezas musicais tradicionais lembradas por persoas maiores, especialmente aquelas con deterioro cognitivo. O proxecto desenvolverase en residencias e centros de día mediante entrevistas, co obxectivo de crear un "Cancioneiro Popular da Memoria" que preserve este legado cultural.

Información sobre as intervencións:

Realizouse unha entrevista ás persoas participantes da reportaxe. Dita entrevista tivo unha duración de entre unha e dúas horas, atendendo a factores como as necesidades dos/as entrevistados/as e as necesidades informativas. Adicionalmente, realizaronse entrevistas de tipo informativo a expertos en cultura e saúde, cunha duración similar. 

Información sobre voluntariedade e dereito de revogación:

A participación neste proxecto é totalmente voluntaria. A negativa a facelo ou a retirada posterior, en calquera momento, non ten prexuízos nin conleva medidas na contra do participante. En caso de querer facer efectiva unha revogación a posteriori do consentimento, deberase contactar con David Alján ou Pablo Barciela a través dos enderezos electrónicos david.aljan@rai.usc.es ou pablo.barciela@rai.usc.es, nun prazo de 30 días. O participante ten dereito a elixir a xestión a realizar cos datos obtidos até o momento de revogación, poidendo optar entre a súa destrución ou anominización / conservación. O equipo responsable do proxecto gárdase o dereito a decidir a exclusión do contido mencionado.

Información sobre carácter altruísta da participación:

A participación nesta reportaxe é completamente altruísta e por tanto non haberá compensación pola aportación.

Información sobre o destino dos datos ou mostras unha vez finalizado o proxecto/ estudo: 

Os datos, gravacións e mostras recadadas durante o proxecto empregaranse na elaboración dunha reportaxe multimedia; na confección de exposicións auditivas e/ou audiovisuais en centros educativos, culturais e públicos; e na difusión do proxecto a través de redes sociais. O equipo responsable do proxecto resérvase o dereito a empregar o contido nun destino distinto.

​Información sobre o dereito a coñecer os resultados:

As persoas participantes neste proxecto terán acceso ao resultado final da reportaxe, que polo seu carácter público, calquera pode coñecer. En caso de ser solicitado, será enviado un enlace directo para maior facilidade de acceso a dito reportaxe.

Información sobre gravacións e uso posterior:

A participación neste proxecto implica a incorporación, total ou parcial, da intervención (en vídeo, fotografía, audio ou o formato no que se realizara) na obra resultante do proxecto con fins científicos, didácticos, culturais, de comunicación ou educativos. O/a participante cede ao/á autor/a os dereitos de imaxe que se deriven da intervención e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública, transformación, subtitulado e dobraxe a todas as linguas, así como sobre a obra incluíndo calquera secuencia, fotograma, imaxe, son, nome desta, etc. co fin de ser distribuída a través de todos os medios, modalidades e soportes.

Información sobre protección de datos e deber de confidencialidade:

Este proxecto garantirá o cumprimento da lexislación vixente en materia de protección de datos, concretamente o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) e a Lei Orgánica de Protección de Datos e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPD). Toda a información recollida a través das entrevistas será tratada de maneira confidencial e utilizada exclusivamente para os fins do estudo. As persoas participantes serán informadas previamente sobre o tratamento dos seus datos, garantindo o seu dereito ao anonimato se así o desexan. Ademais, calquera persoa que colabore no proxecto e teña acceso a datos persoais comprometerase ao deber de confidencialidade, asegurando que a información non será divulgada nin empregada fóra do ámbito da investigación.

Diseño sin título (6).jpg
usc logo.png
Diseño sin título (6).jpg

“Cancioneiro Popular da Memoria" é o TFG en Xornalismo de David Alján e Pablo Barciela, co que pretenden contar a historia daquelas cantareiras homenaxeadas este ano polo Día das Letras Galegas a día de hoxe usuarias de centros de día, xunto ás que lle axudan a lembrar e as voces que as lembrarán

bottom of page