top of page

AS QUE LEMBRAN

2-_P4A2451.jpg
image (60)_edited.jpg

JOSEFA GARCÍA ROMERO

Para ela, a música tradicional é:

“Iamos as noites de inverno ao sitio das outras e cantabamos e bailabamos”

Procedente de Porto do Son

Recollida no Centro de Día público de Cabana de Bergantiños

A SÚA HISTORIA

Nacida nunha familia de 8 irmáns, Josefa sempre foi moi cantareira. A día de hoxe, ela todavía canta na casa, xa sexa coa tele de fondo ou incluso para pasar o tempo. Cando era moza, xuntábase cunha amiga e bailaban todo tipo de baile: rianxeira, muiñeira, xota... daba igual o estilo, o importante era pasalo ben. Xuntábase moito público para velas. Josefa levou unha vida complicada. Quedou viúva e tivo que superar un cancro. Foi un proceso difícil e ela comenta: ”vaise pouco a pouco”. A pesar todo, Josefa saíu adiante cun sorriso e cantando deceas de cancións.

A SÚA CANTIGA

Os amos que temos hoxe

ten un ramo de alegría

se non lle acabamos hoxe

volverémoslle outro día

DE CANDO XUNTABAN A RUADA

SOBRE AS FOLIADAS

A SÚA EXPERIENCIA CO CANCRO

Diseño sin título (6).jpg
usc logo.png
Diseño sin título (6).jpg

“Cancioneiro Popular da Memoria" é o TFG en Xornalismo de David Alján e Pablo Barciela, co que pretenden contar a historia daquelas cantareiras homenaxeadas este ano polo Día das Letras Galegas a día de hoxe usuarias de centros de día, xunto ás que lle axudan a lembrar e as voces que as lembrarán

bottom of page