top of page

AS QUE LEMBRAN

Josefa.jpg
image_edited.jpg

JOSEFA FRAGA NOGUEIRO

Para ela, a música tradicional é:

Aprendín de meu pai. Cantaba moito na casa os domingos que estabamos todos xuntos.

Procedente de Cangas

Recollida no Centro de Día Net-Avó (Bouzas)

A SÚA HISTORIA

Josefa naceu en Cangas, nunha familia feliz. Seu pai traballaba en Barreras, súa nai vendía a froita da súa finca. Cando era pequena, Josefa aprendeu a bordar a maquina, unha das súas pasións. Coa máquina da súa irmá, que era modista, pasou incontables horas practicando. A medida que foi crecendo empezou a facer vestidos para nenas, e posteriormente se dedicou a dar clases de bordado. Josefa e a súa irmá, que era maior que ela, ían as veces as festas. Tamén aprendeu moitas cancións en casa. Os domingos que estaba toda a familia xunta, o seu pai cantaba bastante. Xa na adultez, moitas de estas cancións que aprendera as cantaba na casa facendo as tarefas domesticas.

A SÚA CANTIGA

Xa fun a Marín 

Xa pasei o mar 

Xa comín laranxas 

Do teu laranxal 

DOS TRABALLOS DOS SEUS PAIS

DE CANDO ENSINABA A BORDAR

DE CANDO CANTABA CO SEU PAI

Diseño sin título (6).jpg
usc logo.png
Diseño sin título (6).jpg

“Cancioneiro Popular da Memoria" é o TFG en Xornalismo de David Alján e Pablo Barciela, co que pretenden contar a historia daquelas cantareiras homenaxeadas este ano polo Día das Letras Galegas a día de hoxe usuarias de centros de día, xunto ás que lle axudan a lembrar e as voces que as lembrarán

bottom of page