
AS QUE LEMBRAN
.jpg)
.jpg)
DOLORES SALGADO SALGADO
Para ela, a música tradicional é:
“Ai as romarías... Oio a música e férveme o sangue”
Procedente de Ábedes (Verín)
Recollida no Centro de Día Solleira (Verín)
A SÚA HISTORIA
Lola provén dunha familia da terra. Traballou toda a vida no campo, coidando dos animais e do cultivo, tanto soa, como cos seus pais e irmás. Casou, quedou viúva, e anos despois volveu casar. Tamén estivo en Alemaña. Con tanto cambio, unha cousa mantíñase constante: cantaba sempre. As cancións tradicionais acompañárona toda a vida. dende que as aprendeu dos maiores que a cantaban ao seu arredor ata a actualidade. De toda a vida Lola sempre foi moi bailarina. Todavía hoxe prefire, en lugar de poñer a tele, escoitar a radio e bailar aos sons que emite.
A SÚA CANTIGA
O río cando vai cheo
leva carballos e follas
Tamén podía levar
ás linguas marmuradoras
