top of page

AS QUE LEMBRAN

_edited.jpg)
MARÍA HELENA RODRÍGUEZ BLANCO
Para ela, a música tradicional é:
“Iamos as noites de inverno ao sitio das outras e cantabamos e bailabamos”
Procedente de Langueirón (Ponteceso)
Recollida no Centro de Día público de Cabana de Bergantiños
A SÚA HISTORIA
A vida de María estivo dende sempre vinculada a música. Tan só con 13 anos xa aprendera a tocar a pandeireta e bailaba a diario. Esta paixón trasladouse á súa adultez, xa que, pandereita en man, ensinou a nenos e rapaces a bailar. Tamén ten moitos recordos das festas. Cantando todos e todas xuntas de camiño ata alí e de volta. Moi especiales eran aquelas noites de inverno, en que ían ás casas dunhas e outras a cantar, bailar e pasar un bo rato.
A SÚA CANTIGA
O meu amor queridiño
vai no servicio do rei
despedida como a ele
na miña vida lla dei
DE CANDO APRENDEU A CANTAR DE COTE
DE CANDO HABÍA FULIADA
DE CANDO ENSINOU A TOCA-LA PANDEIRETA
bottom of page
