top of page

AS QUE LEMBRAN

_P4A2245.jpg
Matilde.jpg

MATILDE ABALDE ALONSO

Para ela, a música tradicional é:

“A defunta de mamá cantaba moito e moi ben, e papá cantaba pero en baixo”

Procedente de Castrelos (Vigo)

Recollida no Centro de Día Parque Castrelos

A SÚA HISTORIA

De profesión torneira, Matilde traballou durante 10 anos nunha fábrica de tubos na Artística de Vigo. Coñeceu ao seu marido, casou. e emigrou a Alemaña., animada por unha amiga súa. Tras 5 anos, ao quedar embarazada da súa filla máis nova, regresaron a Galicia. Matilde aprendeu moitas da cancións que sabe da súa nai e do seu pai, pero tamén indo de excursión á Coruña ou Ferrol. Ademais, ía as verbenas do caravel. onde comenta que ían as mellores orquestas, como a Sintonía de Vigo. Cando morreu o seu marido, traballou limpando casas para sacar adiante ás súas fillas e o seu fillo.

A SÚA CANTIGA

Miña nai por me casar-e

Ofreceume bois e vacas

aghora que me casei-e

deume unha cunca de papas

DE CANDO EMIGROU A ALEMAÑA

DE CANDO APRENDEU AS CANCIÓNS

DAS MELLORES ORQUESTRAS

Diseño sin título (6).jpg
usc logo.png
Diseño sin título (6).jpg

“Cancioneiro Popular da Memoria" é o TFG en Xornalismo de David Alján e Pablo Barciela, co que pretenden contar a historia daquelas cantareiras homenaxeadas este ano polo Día das Letras Galegas a día de hoxe usuarias de centros de día, xunto ás que lle axudan a lembrar e as voces que as lembrarán

bottom of page