
AS QUE LEMBRAN
.jpg)

TERESA BUSTO NOVO
Para ela, a música tradicional é:
“Gravei unha cinta. Un veciño díxome: ti podes gaña-la vida cantando”
Procedente de Torres de Mens (Malpica)
Recollida no Centro de Día público de Carballo
A SÚA HISTORIA
Teresa tivo catro fillos, polo que traballou toda a vida na casa. O seu marido morreu aos 53 anos e pasou 9 anos de luto. Pero despois, comezou a saír ás excursións por Galicia, ata que o corpo non llo permitiu. Teresa aprendeu as cancións nas romarías e tamén as escoitaba na radio e no seu arredor. Con 10 ou 12 anos, Teresa tentou aprender a tocar a pandeireta, pero non se lle daba ben e acabou deixándoo de lado. Porén, as aspiracións musicais perviven na súa familia. O seu fillo tivo unha guitara, que aprendeu a tocar e agora dá clases de gaita.
A SÚA CANTIGA
Pasei pola túa porta
e mirei polo cerrollo
a ladra de túa nai-e
meteume un pau polo ollo
