top of page

AS QUE LEMBRAN

_P4A2576 (1).jpg
ANGELES QUIROGA._edited.jpg

MARÍA DE LOS ÁNGELES QUIROGA MARTÍNEZ

Para ela, a música tradicional é:

“Iamos cantar os reis ás casas das outras”

Procedente de Monforte

Recollida no Centro de Día Boas Apertas (Arcade)

A SÚA HISTORIA

Ángeles vive agora en Arcade coa súa filla, pero é natural de Monforte. Traballou no campo toda a vida, ademais de coidar da casa e dos fillos Precisamente era na casa cando cantaba. Aprendeu moitas das cancións que coñece na aldea. A medida que ía crecendo, ía quedando coas cancións que cantaban os vellos. Ademais, ían onde o cura que lles ensinaba a misa de ánxos e alí cantaban. A Ángeles tamén lle gustaba ir as festas con 14 ou 15 anos. “Onde tiraban foguetes nas festas, alí íamos”.

A SÚA CANTIGA

Repoliño, repoliño,

repoliño, repolado,

ai quen se mo dera tere

no meu hortiño plantado

DE CANDO ÍAN ONDA O CURA

DE CANDO APRENDEU O REPOLIÑO

DE CANDO ÍA ÁS ROMERÍAS

Diseño sin título (6).jpg
usc logo.png
Diseño sin título (6).jpg

“Cancioneiro Popular da Memoria" é o TFG en Xornalismo de David Alján e Pablo Barciela, co que pretenden contar a historia daquelas cantareiras homenaxeadas este ano polo Día das Letras Galegas a día de hoxe usuarias de centros de día, xunto ás que lle axudan a lembrar e as voces que as lembrarán

bottom of page